jueves, 5 de abril de 2018

CRONICA

Roteiro fermoso e apacible o que disfrutamos neste domingo húmido de marzo por terras asturianas.

Boa elección e atino para Paso Miúdo por repetir un roteiro que eu tiña ganas de facer pero non tivera ocasión...

Bonita paisaxe en Santa Eulalia de Oscos, con verdes a esgalla, cores únicas nunha contorna privilexiada por sendeiros pouco, ou escasamente, transitados por foráneos, onde as xentes do lugar nos saúdan e falan coma si de veciños se tratara...

Subidas e baixadas a montes cheos de vida e de vexetación autóctona, (sen eucalipto á vista) con ríos e regatos rebosantes de auga doce e fresca que tivemos que cruzar e da que tamén demos boa conta polos pés de probar, pois "houbo que mollalos" puntualmente...o que tamén forzou a valentía dalgun/ha que non se atrevía moito, pero que grazas á axuda dos demáis o fixeron con éxito...aplaudindo o compañerismo destas grandes xentes que nos acompañaron...

Chegamos con paso miúdo, pero firme, ó final da ruta case sen decatarnos, con entretidas conversas e disfrutando do percorrido, co tempo acompañando con escasas pingueiras e cun merecido cocido compartindo mesa con boas xentes coas que se fai máis levadeiro o roteiro...

Graciñas pola acollida de novo na asociación despois destes anos, ata a próxima ruta e vémonos polos camiños...

Biquiños, Covi.

Powered by Wikiloc